
MU_
Moradas
no Ulla
MU_Moradas no Ulla, son tres exclusivas cabanas de sinxelo e moderno deseño en conexión coa natureza, donde o mais importante para nos, é o benestar das persoas

Novo concepto de turismo rural
Unha proposta que promove un novo concepto de turismo rural, sostible e respetuoso co medio, coidando a coherencia do proxecto en cada detalle e en cada momento.
Un retiro nunha paisaxe rural da comarca de Compostela, entre bosques e prados, moi preto da ponte colgante do Xirimbao sobre o fermoso rio Ulla. A cercanía con Santiago de Compostela e tamén coas virxenes e solitarias praias de Arousa Norte e do Atlantico, converten a MU no punto de partida ideal para poder explorar, evadirse e facer valer o esencial da vida.
¿Queres disfrutar das nosas cabanas?
Non o dubides
e contacta con nós agora
Cabanas
A singularidade da arquitectura radica na sinxeleza do deseño, un interiorismo de inspiración nórdica, a calidez da madeira de pino ecolóxico como material principal e na escolla dun paisaxismo naturalista acorde e integrado. Contan con capacidade para 2 adultas/os e 1 nena/o ata 12 anos, en unha superficie interior de 27 m2, e unha terraza exterior privada de 9m2. Cada cabana está provista con un baño con ducha de chorros, amenities ecolóxicos e toallas, un dormitorio con cama de 1,5m, unha cociña equipada con todo o básico, unha zona de estar con sofá cama pequeno, aire acondicionado, calefacción, TV, wifi, libros e xogos.
